Co motivo do nomeamento de Santiago de Compostela como Capital da Economía Social Española durante 2022, realizouse un encontro na sede da Fundación Laboral da Construción, en Santiago de Compostela durante os días 19 e 20 de outubro.
O obxectivo deste encontro foi a explorar e compartir as oportunidades mutuas que as entidades locais e os axentes da Economía Social poden encontrar na contribución a Axenda 2030 e as Axendas Urbanas.
Coa área de Promoción Económica e Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela como anfitrión, os máis de 70 asistentes formaron parte activamente das dúas xornadas de traballo. Entidades locais, principalmente integrantes das redes de desenvolvemento local (REDEL, Rede de Cidades polo Emprego, Rede INNPULSO e Rede Retos de Territorios Socialmente Responsables), e axentes da Economía Social, compartiron un espazo de coñecemento mutuo e de diálogo.
Esta guía recolle as conclusións da xornada e quere ser una ferramenta de difusión e de referencia para que as entidades locais identifiquen oportunidades para catalizar o desenvolvemento sostible a nivel local a través da Economía Social.
INFORME COMPLETO